viernes, 7 de agosto de 2009

Agosto 11: AUTOCONVOCATORIA CONCENTRACION solidaridade Honduras

From: Yunkax

Agosto 11: AUTOCONVOCATORIA CONCENTRACION solidaridade Honduras

Ante a situación que o Pobo de Honduras está vivindo desde o pasado 28 de xuño, en mobilización permanente
en defensa da dignidade e da democracia,

varias asociacións desta comarca de Ferrol,

atendendo a petición das organizacións hondureñas, Vía Campesina e Frente Nacional de Resistencia contra el Golpe de Estado, (que achegamos) demandando a solidariedade de todos os pobos do mundo, para celebrar o próximo día 11 o Día de Acción Global por Honduras, en coincidencia coa etapa final da Marcha Nacional que desde todos os puntos do país están realizando cara a Tegucigalpa e San Pedro Sula.

Invitamos a participar, en réxime de AUTOCONVOCATORIA,.

a todos os cidadáns e cidadás, así como a cantas Entidades, Asociacións, Sindicatos, Partidos, queiran sumarse a unha

CONCENTRACION
martes, 11 de Agosto, ás 12,30 horas
Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
Praza Amada García – Ferrol

Para alí mostrar a súa solidariedade co pobo Hondureño en loita pola recuperación Institucional da Democracia e o retorno do seu Presidente Constitucional Mel Celaya,

a través dunha

ROLDA DE PRENSA

a celebrar no mesmo acto da concentración

Prégase a máxima difusión e asistencia.
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com

comunicado:
FUCO BUXAN DENUNCIA:

A ilegalidade dun golpe que estado que pretende acabar cos intentos dunha América latina que trata de vivir a súa propia historia, á marxe do control de USA e a explotación. O Golpe de Estado víñase formando desde hai un tempo, na medida da coincidencia de Honduras cos países da Alternativa Bolivariana para as Américas en vez de promovida polos grupos financeiros de EUA e a oligarquía hondureña (ALCA) e o paso do país dun réxime de dereita autoritaria a un de democracia participativa e popular.

O atropelo dos dereitos humanos da poboación civil, con prácticas de corte pinochetista: brutalidade policial, desaparicións, detencións arbitrarias, torturas…

A manipulación sistemática da información, no interior de Honduras e cara ao ámbito internacional, ocultando datos fundamentais do problema e presentando baixa forma caricaturesca, cando non totalmente calumniosa e incerta, a figura do Presidente Zelaya, elixido democraticamente pola súa poboación, pretendendo situar a súa incuestionable legalidade no mesmo nivel que aos cabecillas do movemento golpista.

FUCO BUXAN ESIXE:

Volta á situación de imperio do Dereito e da lei coa restitución ao presidente Zelaya de todas as súas funcións constitucionais.

A esixencia de responsabilidades ante uns feitos que poñen en grave perigo a orde democrática internacional e a vida e a seguridade de miles de cidadáns.

FUCO BUXÁN ESPERA

A análise serena e ecuánime das forzas democráticas hondureñas para achar solución aos seus problemas, sen inxerencia algunha, sempre ao servizo da Paz e a Xustiza.

Un seguimento puntual da evolución destes acontecementos por partes dos organismos internacionais, garantes, nun mundo globalizado, dos Dereitos Humanos. E a solidariedade co movemento popular democrático de resistencia ao Golpe de Estado, entre elas a Fronte Nacional contra o Golpe, o Comité de Familiares y Desaparecidos de Honduras (COFADEH), Feministas en Resistencia, Vía Campesina...

No hay comentarios:

Publicar un comentario